sábado, 12 de abril de 2025

Na Ribeira Sacra: Tres Portas en Escairón

Se ides de paseo pola Ribeira Sacra (Ribeira do Miño, en O Saviñao), presta pasar polas Tres Portas.

Que non sei de onde ven o nome das 3 Portas, pero o que sí é que o lugar funciona de 3 maneiras diferentes:

  • Como bar, para tomar un café e un viño (cunha carta de viños por copa moi amplia).
  • Coma lugar de tapeo (dentro ou na terraza) con pratiños moi xeitosos.
  • Coma restaurante con moi boa carne e platos contundentes.

E teñen moi bóa adega eh. De Ribeira Sacra e de outros lugares. Na nosa visita Cyntia (unha das sommeliers) propúxonos: 

- Godello Saiñas - Ribeira Sacra - Pantón

Son menos de 700 botellas (Saiñas produce principalmente tinto), así que se o vedes a por el! Non o típico "godellito".


Alcachofas
Paquetitos de Calabacin

- O Estranxeiro - Ribeira Sacra - Amandi & Acova. Mencía. Fresco (sen pasarse de máis), moi equilibrado, afroitado pero con austeridade. Un viño moi disfrutable.


Tortilla

- Just B - Rias Baixas - Albariño 2015!

Benvidos ó fantástico mundo dos albariños vellos! Para min o mellor da comida, por diante do gabacho!


Zorza de Peixe

- La varoce, Jerome Blin - Champagne

Un (not so) blanc de noirs para rematar a celebración. Ademáis para maridar con queixos (que queixos é outra das cousas nas que está potente Lugo) un champange si que funciona sexa cal sexa o queixo.




Tres Portas:

No hay comentarios: